Ensalada de pasta
Ingredients
- 75 g pasta (farfalle tricolore)
- 30 g pauciños de cangrexo
- 20 g maionesa
- 20 g xamón cocido
- 20 g chícharos
- 10 g ketchup
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Á parte, preparar unha salsa rosa con maionesa e ketchup. Mesturar a pasta coa salsa e engadir uns chícharos cocidos á parte e uns pauciños de cangrexo cortados en dados.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. E ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ademais hai que engadir as propiedades dos pauciños de cangrexo (surimi) que son un concentrado de proteínas insolubles e posúen baixa cantidade de lípidos. Inconvenientes:
Debe controlarse o consumo de maionesa, debido ó seu alto contido en graxas.