Print

Ensalada de pataca

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1 (100g) pataca
  • 30 g feixóns verdes
  • 30 g cenoria
  • 30 g lagostino
  • 30 g maionesa
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento piquillo
  • 10 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Trocear a pataca, o feixón verde e a cenoria en cubos e ferver segundo orde de dureza. Separadamente, ferver os lagostinos. Picar a cebola e os pementos o máis fino posible. Nun bol mesturar todos os ingredientes en frío e homoxeneizar coa maionesa.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.
Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.