Print

Ensalada de pementos asados

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 250 g pemento vermello
  • 60 g cebola
  • 20 g anchoas
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Asar os pementos e as cebolas no forno durante 30-40 minutos. Sacalos e deixalos "suar" nun recipiente tapado. Cando estean fríos, coar o mollo que soltaron e reservalo. Pelalos e quitarlles as sementes. Cortar en tiras os pementos e trocear as cebolas. Dispoñelos nunha ensaladera, incorporar as anchoas, engadir o mollo reservado e aderezar co sal, o vinagre de Xerez e o aceite de oliva.

Notes

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.