Ensalada de queixo e marmelo con vinagreta de mel
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 9 g Améndoa torrada
- 30 g Endivia
- 40 g Leituga
- 30 g Mazá
- 30 g Marmelo
- 5 g Mel
- 15 g Noz
- 9 g Piñón
- 40 g Queixo fresco
- 0.5 g Sal
- 5 g Vinagre
Instructions
- Cortar en dados o queixo fresco e a carne de marmelo. Resérvanse nunha cunca grande. Á parte, lávanse as leitugas e límpanse as follas de endivia, córtanse e póñense na cunca grande. Pelar e cortar en cuarteiróns a mazá. Nunha tixola cun pouco de aceite, dourar os piñóns e as améndoas e pasar ao vaso do batedor xunto cunha parte de vinagre por catro de aceite, o mel, o sal e bátese para facer a vinagreta. Colocar nos pratos poñendo o que temos na cunca, os cuarteiróns de mazá salteados e por enriba a vinagreta á que, no momento de servir, se lle botan as noces un pouco esmiuzadas. Se apetece pódese poñer tamén por enriba un pouco de ceboliño.
Notes
O queixo fresco ten unha alta concentración de proteínas, calcio e vitaminas A e D pero é baixo en graxas. Isto fai que o seu consumo nos proporcione menos calorías e a dixestión sexa máis doada. O marmelo é unha boa fonte de minerais como o potasio, fibra e cantidades non moi elevadas de vitamina C. Á leituga atribúenselle propiedades dixestivas e supón unha pequena cantidade de calorías. É rica en fibra e ferro e ten un baixo contido en proteínas e hidratos de carbono. As endivias tamén conteñen poucas calorías. Son ricas en vitamina K, á que se lle atribúen propiedades coagulantes do sangue. Tamén teñen unha boa cantidade de ácido fólico que é necesario para a formación de glóbulos vermellos e, así, previr as anemias.