Ensalada de tomate e cabaciña
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 80 g Cabaciña
- 0.5 g Ourego
- 10 g Pasas de Corinto
- 15 g Piñón
- 15 g Queixo relado
- 0.20000000298023224 g Sal
- 80 g Tomate
- 3 g Vinagre
Instructions
- Lavar os tomates e cortalos en anacos. Lavar a cabaciña, cortala en rodas finas e poñerlle un pouco de sal e aceite. Introducir, uns 5 min, no microondas. Unha vez que a cabaciña arrefríe, un pouco, colocala encima do tomate. Distribuír por encima os dados de queixo, as pasas, os piñóns e o ourego. Seguidamente, botar o sal, o vinagre e o aceite.
Notes
O tomate tróuxose de América do Sur e introduciuse en Europa no século XVI. É un alimento con escasa cantidade de calorías. A maior parte do seu peso é auga e o segundo constituínte, en importancia, son os hidratos de carbono. Son ricos en vitamina C, A e E. Tamén conteñen licopenos que teñen poder antioxidante, estes son máis abundantes cando o tomate está maduro. Pola súa banda, a cabaciña é rica en fibra e con poucas calorías. É idónea para dietas de adelgazamento. Destaca o seu contido en potasio que intervén na actividade muscular e combate a hipertensión.