Ensalada morna de tomate e pementos asados
Ingredients
- 180 g pemento vermello
- 180 g pemento verde
- 150 g tomate
- 50 g cebola
- vinagre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Asar os pementos enteiros e a cebola ao forno. Facer o mesmo co tomate. Cando estean brandos e templados, pelar os pementos e o tomate. A continuación cortar os pementos en tiras e o tomate en anacos. Aliñar con sal, aceite de oliva e vinagre. Servir templado ou frío.
Notes
Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.