Entrecote de tenreira con salsa de Oporto
Ingredients
- 150 g entrecote tenreira
- 50 g arroz
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 100 mL caldo carne
- 100 mL viño oporto
- 5 g fariña
- tomiño
- pementa
- perexil
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cociñar o entrecote na prancha cun pouco de aceite de oliva, volta e volta; engadindo o sal cando xa estean cociñados. Facer a salsa de oporto pochando en aceite o allo e a cebola, mollar con oporto até evaporar o alcol, engadir a fariña sen que se queime e terminar co caldo. No momento de servir engadir un chorro de nata á salsa. Servir o entrecote cubrindo coa salsa e acompañado de arroz branco ao forno.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.