Escalope de porco en salsa de mazá
Ingredients
- 150 g filetes porco
- 1 vaso (200mL) caldo carne
- 50 g puré pataca
- 50 g mazá
- 50 g cebola
- 50 mL viño branco
- 15 g uvas pasas
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- ourego
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar os escalopes, salpementar e pasar por fariña. Dar un toque de fritura e colocar en placa de forno. Separadamente facer a salsa refogando allo, cebola, mazá pelada, un pouco de fariña, viño branco e caldo de carne. Deixar cocer e triturar por turmix. Engadir as pasas dar o punto de sal e ourego. Verter sobre os escalopes. Meter no forno 20 minutos a 180ºC e servir quentes acompañados de puré de pataca.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.