Print

Escalopes de tenreira en salsa de améndoas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira tapa
  • 50 g arroz
  • 30 g cebola
  • 20 g améndoas
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Salpimentar os filetes. Facer á prancha. Pochar a cebola e o allo todo finamente picado. A continuación, engadir as améndoas troceadas, machucadas co morteiro ou co robot de cociña. Salpementar e refogar. Mollar cun pouco caldo de carne ou con auga e deixar que ferva o conxunto e que espese lixeiramente. Servir os escalopes acompañados pola salsa e un arroz branco.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.