Escalopíns de tenreira á pementa
Ingredients
- 150 g tenreira tapa
- 75 mL caldo carne
- 50 g arroz
- 30 g champiñóns
- 20 mL nata
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Facer escalopíns de 50g moi finos, salpementar e marcar na prancha volta e volta. Facer a salsa: refogar os champiñóns laminados no aceite con allo picado. Engadir o caldo de carne e deixar reducir á metade. Incorporar a nata e a pementa. Deixar cocer uns minutos e dar o toque de sal. Presentar os escalopíns cubertos con salsa e arroz ó forno de gornición.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.