Print

Escalopíns de tenreira con verduras

Course Segundo prato

Ingredients

  • 120 g tenreira tapa
  • 50 mL viño branco
  • 40 g espárrago verde
  • 40 g champiñóns laminados
  • 35 g cebola
  • 20 g pemento verde
  • 15 g tomate cherry
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Facer os escalopíns á prancha cunha pizca de sal. Picar as verduras en tiras, lavar os espárragos e retirar a parte dura. Nunha tixola con aceite, refogar a cebola e o pemento durante uns minutos, incorporar o champiñón e os espárragos, refogar e a continuación agregar o viño branco, deixar cocer durante 8-10 minutos.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.