Print

Espaguetis con atún

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g pasta (espaguetti)
  • 50 g atún en conserva
  • 100 g salsa tomate
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • ourego
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, mesturar o atún escorrido coa salsa de tomate. Mesturar coa pasta e quentar. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con ourego.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.