Espaguetis con mexillóns
Ingredients
- 80 g espaguetti
- 50 g mexillón
- 50 mL caldo peixe
- 30 g cebola
- 10 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (10mL) aceite oliva
- perexil
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Ferver a pasta o tempo que indique o fabricante, escorrer e refrescar. Nunha pota, rustrir no aceite o allo picado e a cebola, engadir a fariña e o caldo. Mesturar cos mexillóns sen concha e salsear a pasta.
Notes
Vantaxes:
A este prato hai que engadirlle as principais características da pasta, que son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.
O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.