Print

Espaguetis con tomatiños

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g pasta (espaguetti)
  • 50 g cabaciño
  • 50 g champiñóns laminados
  • 20 g tomate cherry
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ourego
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Ferver a pasta o tempo que indique o fabricante, refrescar e escorrer. A continuación, refogar no aceite as verduras. Mesturar todo e servir.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate.
O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.