Espinacas á crema con taquiños de xamón
Ingredients
- 150 g espinacas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 25 g xamón serrano
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- 6 g fariña
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Á parte, preparar unha bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir fariña. Remover con variña e engadir leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Engadir os taquiños de xamón e as espinacas deixando cocer todo xunto uns minutos máis.
Notes
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable. Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.