Espinacas con pasas e piñóns
Ingredients
- 150 g espincas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 25 g uvas pasas
- 15 g piñóns
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar e cocer as espinacas de forma tradicional. Escorrer e reservar. Preparar unha bechamel: quentar o aceite, engadir a fariña e remover, engadir o leite quente e deixar que ferva desfacendo posibles grumos. Engadir os piñóns lixeiramente torrados e as pasas e a continuación as espinacas. Mesturar ben e servir.
Notes
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.