Print

Espinacas con queixo e noces

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 50 g queixo fundir
  • 10 g queixo relado
  • 15 g noces peladas
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e cocer as espinacas de forma tradicional. Escorrer e reservar. Preparar unha bechamel: quentar o aceite, engadir a fariña e remover, engadir o leite quente e deixar que ferva desfacendo posibles grumos. Engadir o queixo á bechamel para que se funda e a continuación as espinacas. Mesturar ben e agregar as noces. Servir cubrindo de queixo relado.

Notes

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.