Print

Fabas brancas con ameixas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g fabas brancas
  • 60 g ameixas
  • 50 g tomate
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • pemento doce
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Poñer as fabas a remollo en auga fría, durante a noite anterior. Pochar a cebola picada, o tomate pelado e cortado en anacos pequenos, o loureiro, o allo e o pementón no aceite e cubrir con auga fría. Cando rompe o fervor, baixar o lume, e deixar cocer lentamente, procurando que as fabas estean sempre cubertas de auga para que non solten a pel. Unha vez tenras, sazonar de sal e introducir as ameixas ata que se abran. Retirar do lume e deixar repousar, tapadas, uns dez minutos antes de servilas.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estreñimiento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.