Print

Fideuá negra con sepia

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g fideos grosos
  • 50 g sepia
  • 150 mL caldo peixe
  • 50 g cebola
  • 50 g tomate
  • 50 g gambas
  • 30 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 g tinta lura
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha cazola de barro rustrir a cebola, o pemento verde e o tomate, todo iso troceado en cuadraditos pequenos (brounoisse). Unha vez rustrido, engadir ás verduras a sepia troceada e limpa. Posteriormente cubrir a mestura co caldo de peixe, o sal e as tintas de calamar. A continuación engadir os fideos e deixar ferver durante 6 minutos. Remover un pouco e colocar as gambas. Pasados 6 minutos cocéndose a lume forte, este báixase á metade, e deixar todo o preparado cocéndose ata que se absorbeu case todo o caldo, xa que debe quedar algo de caldo no fondo da paelleira unha vez saquémola do lume.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Hai que engadir o aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das gambas. Destacar tamén o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.