Print

Filete de fletán ao forno con brócoli

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g filete fletán
  • 60 g brócoli
  • 80 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e filetearlo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras cortadas en tiras e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 5 minutos máis. Retirar do forno. Servir acompañado de brócoli cocido a aprte. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.