Print

Filetes de rapante ao forno

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g filetes rapante
  • 50 mL viño branco
  • 50 g pataca
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e filetealo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha praca de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir en forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 5 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
O rapante é un peixe branco de moi baixo contido graxo. Aporta proteínas dun elevado valor biolóxico, pero o seu contido neste nutriente é inferior ó da maioría de peixes. En relación ás vitaminas, destaca a presenza da B6 e B9. En canto ós minerais cabe destacar o contido de fósforo, potasio, magnesio e iodo, aínda que as súas cantidades non son moi elevadas comparándoas coas presentes noutras especies.