Fritadas de bacallau
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 80 g Bacallau fresco sen sal
- 35 g Fariña de trigo
- 32.5 g Ovo
Instructions
- Fervemos o peixe en auga e, unha vez fervido, desfacémolo coas mans ou coa axuda dun garfo para obter unha pasta. Á parte, batemos as xemas dos ovos e mesturámolas con fariña. Despois, xuntamos esta masa coa pasta de bacallau e engadímoslle as claras dos ovos, previamente batidas a punto de neve. Fritimos a masa resultante en aceite quente.
Notes
O bacallau é un peixe que presenta un baixo contido graxo polo tanto, un baixo nivel de calorías, pero nesta receita estes niveis aumentan pola fritura. É unha fonte de proteínas de alto valor biolóxico doadas de dixerir, e, ademais, as espiñas son doadas de retirar. Entre os minerais que contén destaca a presenza de potasio que é un mineral necesario para o bo funcionamento do sistema nervioso e a actividade muscular. Tamén contén fósforo que está presente en ósos e dentes. Intervén no sistema nervioso e na actividade muscular, e participa en procesos de obtención de enerxía.