Print

Garavanzos con chourizo

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 20 g Cebola
  • 30 g Chourizo
  • 45 g Garavanzo
  • 1 g Loureiro
  • 20 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 5 g Touciño

Instructions

  • Botamos os garavanzos nunha cazola e, cando a auga empece a ferver, engadimos tamén unha folla de loureiro, o chourizo torado e un anaco de touciño. Preparamos un refrito composto de aceite, pemento doce, cebola e allo e engadímolo á cazola dos garavanzos, un pouco antes de que estes se rematen de cocer.

Notes

O consumo do garavanzo remóntase á prehistoria. O valor de calorías do garavanzo é maior que o resto da media dos legumes. Ten un alto valor nutritivo e axuda a reducir o colesterol. É unha boa fonte de hidratos de carbono, o que proporciona enerxía e ao ser de asimilación lenta fai que alivien a sensación de fame durante máis tempo. Por outra banda, o chourizo ten un elevado contido graxo e case non contén hidratos de carbono. Destaca pola súa contribución de sodio polo que non é adecuado para persoas que sofren hipertensión e enfermidades cardiovasculares.