Print

Garavanzos con vinagreta de tomate

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g garavanzos
  • 80 g tomate
  • 50 g pemento verde
  • 30 g ovo
  • 25 g cebola
  • 5 mL vinagre Xerez
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer os garavanzos en auga con sal. Refrescar e escorrer. Colocalos nun bol, e engadir o tomate cortado en anacos, a cebola e o pemento verde, aliñar con aceite de oliva virxe extra, vinagre de viño de Xerez e un pooco de sal. Remover todo ben e servir ben fresca.

Notes

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.