Garavanzos refogados con verduras
Ingredients
- 75 g garavanzos
- 40 g gambas
- 25 g espinacas
- 20 g cebola
- 20 g pemento vermello
- 20 g pemento verde
- 20 g cenoria
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- comiño
- sal ao gusto
Instructions
- Deixar a remollo os garavanzos 12h.en auga morna con sal. Cando case estean tenros, engadirlles as espinacas. Rematar de cocer lentamente e escorrer. Nunha tixola tipo "wok" refogar as verduras en xuliana e as gambas, engadirlle os garavanzos e condimentar.
Notes
Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.