Guiso de fletán
Ingredients
- 150 g filete fletán
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 25 g cebola
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 15 g salsa tomate
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- colorante alimentario
- perexil
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Refogar nunha cacerola con aceite a cebola e os pementos en xuliana. Engadir a pataca en dados grandes(3x3). Engadir o pementón, a salsa de tomate e o caldo de peixe coloreado. Cando a pataca comece a estar branda (12min) engadir o peixe limpo de pel e espiñas cocinando 5min máis.
Notes
Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.