Guiso de melva con froitos do mar en salsa verde
Ingredients
- 150 g melva
- 1 (100g) pataca
- 1 vaso (200mL) caldo peixe
- 40 g berberecho
- 25 g mexillóns
- 25 g gambas
- 20 g cebola
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- caiena
Instructions
- Cortar a melva en anacos sen espiña. Nunha pota refogar no aceite quente a cebola picada sen que tome cor, engadir a caiena. Agregar a pataca en anacos cortados e refogar uns minutos. Engadir o caldo suficiente de peixe para que cubra e deixar cocer as patacas 10 minutos a lume lento. Ó cabo deste tempo engadir a melva e os mariscos, deixando cocer uns minutos máis. Cubrir con perexil abundante.
Notes
Vantaxes:
A melva é un peixe azul. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.