Print

Guiso de sepia con pataca

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g sepia
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instructions

  • Refogar en aceite o allo picado, a cebola e o pemento vermello en dados. Engadir a sepia deixar refogar 10 min. aproximadamente. Introducir o pemento doce e a pataca rota, mollar co caldo de peixe. Engadir os chícharos e deixar cociñar ata que a pataca estea lista.

Notes

Vantaxes:
A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.