Guiso de vendima
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 160 g Cabra
- 50 g Cebola
- 1 g Loureiro
- 120 g Pataca
- 1 g Perexil
- 40 g Pemento vermello
- 40 g Pemento verde
- 1 g Sal
- 40 g Tomate
- 40 g Viño branco
Instructions
- Dóurase a carne torada nunha cazola cun pouco de aceite. Apártase. Na mesma pota dóurase a cebola, o allo e o perexil picadiños, unha folla de loureiro e o sal. Engádese a carne e mestúrase ben, despois pícanse os tomates e engádense. Dóurase un pouco máis e deseguido esparéxese con viño branco en abundancia. Cócese durante 3 h a lume lento. Cada certo tempo engádeselle auga, xa que se irá evaporando o viño. Por último, engádenselle os pementos torados e as patacas. Aos 20 min, apágase e déixase repousar. Sérvese quente.
Notes
Este prato cociñábase, habitualmente, na bisbarra de Viana do Bolo, no extremo oriental da provincia de Ourense. Facíase na época de vendima, entre o final de verán e principio do outono, nesta zona onde eran abundantes as viñas. O guiso levábase ás propias viñas para que as persoas traballadoras, á hora de comer, o tomasen alí mesmo. Facíase con carne de cabra ou de ovella pero de exemplares vellos, xa que os máis novos reservábanse nas casas campesiñas para a súa venda nos mercados e contribuír á economía familiar. A carne acompañábase de verduras e algunha especia.