Print

Lamprea ao estilo da miña avoa

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 0.5 g Canela
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Cravo
  • 150 g Lamprea
  • 50 g Pan
  • 20 g Pan relado
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Zume de laranxa

Instructions

  • Ao cortar a lamprea reservamos o sangue. Nunha tarteira, ponse a lamprea xunto co seu propio sangue, ademais da cebola, dos allos, do perexil, da pementa, do cravo, do pan relado, do zume de laranxa e do aceite. Cociñámolo a lume lento e, una vez feito, sérvese en fonte de barro con torradas de pan feitas no forno.

Notes

A lamprea adoita remontar os ríos para desovar, momento no que se produce a súa captura. En tempos pasados, un tanto por cento moi importante da lamprea que se capturaba consumíase seca, é dicir, curada, acompañada de verdura e incorporada mesmo ao cocido. O resto da lamprea consumíase guisada. A receita evolucionou cociñándoa co seu sangue, cebola, perexil e viño tinto e hoxe é un dos pratos característicos de Galicia, desde decembro a marzo.