Lentellas ao pobre
Ingredients
- 1 vaso (250 mL) auga
- 70 g lentellas
- 30 g cebola
- 30 g cenoria
- loureiro
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar as verduras en dados. Poñer a cocer todos os ingredientes xuntos nunha cazola. Cocer ata que a lentella estea tenra. Dar o toque de sal e deixar repousar.
Notes
Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro. Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.