Print

Lentellas con tomate e cebola

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 40 g lentellas
  • 100 mL auga
  • 50 g tomate
  • 20 g cebola
  • 15 g cenoria
  • 10 g touciño
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • comiños
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Introducir en auga fría as lentellas, a cenoria, o touciño desalgado e a metade da cebola (cortado en dados). Poñer a cocer lentamente. Facer un rustrido con allo, cebola, fariña, pementón e tomate. Engadirllo ás lentellas e deixar cocer ata que estean cocidas. Poñer a punto de sal e cominos.

Notes

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.
Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.