Print

Lentellas da avoa

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g lentellas
  • 1 vaso (200mL) auga
  • 40 g cebola
  • 20 g chourizo
  • 10 g arroz
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • comiño
  • ao gusto sal
  • pementón

Instructions

  • Introducir en auga fría as lentellas, o chourizo e a cebola (o arroz engadirase á media hora). Deixar cocer lentamente ata que estea todo cocido. Poñer a punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite con pementón e comiño. Engadir as lentellas e dar un fervor.

Notes

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero os legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.
Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal. Por outra parte, aínda que o chourizo presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o seu consumo polo seu alto contido enerxético e graxo.