Lentellas guisadas con cenorias
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Allo
- 30 g Cebola
- 20 g Chourizo
- 70 g Lentella
- 0.5 g Noz moscada
- 1 g Perexil
- 0.5 g Pementa branca
- 0.20000000298023224 g Sal
- 40 g Cenoria
Instructions
- Cocemos as lentellas xunto con tacos pequenos de cenoria e o chourizo. Tras un anaco de cocción, engadimos o sal e as especias, e un refrito que fixeramos de cebola, allo e perexil. Deixamos cociñar ata chegar ao punto óptimo de cocción.
Notes
As lentellas son ricas en fibra que diminúe os niveis de colesterol e graxas e axudan a regular o tránsito intestinal. Tamén conteñen ferro e proteínas de orixe vexetal. Dentro do grupo dos legumes son das máis dixestivas. As cenorias son ricas en vitamina C e ferro. Axudan a diminuír o colesterol e previr a arteriosclerose, ademais o seu contido en betacaroteno axuda a previr certos tipos de cancro. Por outra parte, o chourizo é rico en sodio polo que está desaconsellado para persoas que sofren hipertensión. Ademais, o seu contido en calorías é alto polo que o seu consumo debería ser moderado.