Print

Lombo de corzo á prancha

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 140 g Corzo
  • 120 g Pataca

Instructions

  • Maceramos, unicamente en aceite, os medallóns de lombo non moi grosos. Unha hora e media despois botámolos na prancha quente. Recoméndase non salgar antes desta operación senón facelo ao darlle a volta aos medallóns.

Notes

O corzo cázase nas zonas montañosas, sobre todo na provincia de Ourense e Lugo, xa que no resto de Galicia a súa presenza diminúe. A época de caza vai desde outubro ata xaneiro. A carne de corzo é magra polo que a súa cantidade de calorías é baixa; non obstante, contén cantidades elevadas de colesterol. Contén ferro e fósforo e importantes cantidades de magnesio e potasio. É un alimento especialmente indicado para as persoas que padecen anemia.