Print

Lombo de pescada ao forno con grelos

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 75 mL caldo peixe
  • 150 g grelos
  • 15 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g cabaciño
  • 10 g pan relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil picado
  • sal ao gusto
  • pementón doce

Instructions

  • Salgar e marcar a pescada na prancha e colocar nunha cazola. Limpar os grelos e cocer en auga abundante, escorrer e refrescar. Cocer as patacas ó vapor. Preparar a salsa refogando en aceite todas as verduras. A contiuación engadir o pementón, o caldo de peixe e o pan relado. Deixar cocer 10 minutos e triturar. Cubrir a pescada coa crema e poñer no forno 15 minutos a 180ºC. Acompañar das patacas e os grelos.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, baixo en graxas; rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, máis baixo comparando con outros alimentos. En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio.
Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.