Lombo de porco á laranxa
Ingredients
- 120 g lombo porco
- 1/2 vaso (120 mL) caldo carne
- 1 pequena (100g) laranxa
- 50 g puré pataca
- 50 mL leite desnatado
- 50 mL viño branco
- 10 g cenoria
- 10 g porro
- 10 g cebola
- 1 cullerada (5mL) licor Cointreau
- 5 g maicena
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva suave
- sal ao gusto
Instructions
- Colocar o lombo ou cinta de lombo nunha placa de forno e acompañar dunha bresa de hortalizas (ceboria, cebola, porro e anacos de laranxa). Introducir no forno e asar ata que estea tenro dando a volta á metade de cocción e engadindo viño branco. Retirar do forno e coar a salsa por un chinés engadindo caldo de carne. Ferver e engadir un chorriño de licor e espesar con maicena se fose necesario. Acompañar con puré de pataca e cubrir coa salsa.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.