Lombo de tenreira ao forno
Ingredients
- 150 g lombo tenreira
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 50 mL viño tinto
- 25 g cebola
- 15 g tomate
- 15 g porro
- 15 g cenoria
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- 3 g maicena
- sal ao gusto
Instructions
- Asar o lombo no forno ata que ó pinchalo non solte sangue. Acompañar no forno cun picado de verduras. Cando estea asado, retirar da bandexa do forno e engadir viño para aproveitar os mollos. Verter estes mollos coados nunha cacerola e engadir caldo de carne espesando con maicena. A pataca irá nunha rebanda grosa que se frite lentamente en aceite e logo se introduce ó forno con cebola en tiras, previamente pasada en aceite.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.