Print

Luras na súa tinta

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Arroz
  • 100 g Lura
  • 25 g Cebola
  • 2 g Loureiro
  • 3 g Perexil
  • 1 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • g Tinta de lura
  • 20 g Viño branco

Instructions

  • Refóganse en aceite o allo e a cebola picada. Engadimos as luras xa toradas e a tinta. Agregamos o viño branco e deixamos que se faga, engadindo auga se fose necesario. Cando estean tenras, esparexer con perexil picado. Servimos acompañando con arroz en branco.

Notes

As luras presentan un contido proteico similar á carne de tenreira e un elevado valor biolóxico debido a súa doada dixestión. O seu baixo contido en graxas converte a lura nun alimento moi recomendable para ser incluído en dietas saudables e equilibradas. A tinta dos cefalópodos, ademais de servir como condimento en diferentes receitas, contén unha serie de aminoácidos e polisacáridos que en recentes investigacións se descubriu que son moi eficaces na prevención e na curación dalgunhas enfermidades como o tratamento da depresión e, ademais, é inhibidora da expansión bacteriana.