Macarróns 3 queixos
Ingredients
- 70 g macarrón relado
- 20 mL nata
- 20 g queixo cremoso (tipo philadelphia)
- 20 g queixo barra
- 10 g queixo relado
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga fervendo abundante con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Separadamente, nunha pota facemos a salsa refogando en aceite o allo, engádese a nata, o queixo de barra e o queixo cremoso, deixando ferver. Triturar a salsa e poñer a punto de sal e pementa. Mesturar coa pasta e servir quente cubrindo coa mestura de queixos para pasta.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Segundo o contido en graxa, variará o valor nutricional dos queixos, pero en termos xerais pódese dicir que son fonte de calcio, proteínas e fósforo. Ademais son aptos para intolerantes á lactosa, xa que no queixo a lactosa se converte, practicamente na súa totalidade, en ácido láctico. Tamén, o queixo contén todos os nutrientes esenciais do leite, pero concentrados.