Print

Macarróns con bechamel de espinacas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g pasta (macarrón)
  • 100 mL leite desnatado
  • 90 g espinacas
  • 10 g fariña
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer os macarróns o tempo que indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Facer unha bechamel co aceite, a fariña e o leite quente e introducir as espinacas fervidas e troceadas. Cubrir a pasta coa salsa.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.