Mazá asada
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Azucre
- 150 g Mazá
Instructions
- Coa axuda dun coitelo cortamos arredor do rabo da mazá deixando un oco que encheremos de azucre. Enfornamos ata que esta tome cor caramelo, sacamos do forno e servimos.
Notes
A existencia da mazá remóntase á prehistoria e introducírona en España os romanos e os árabes. A estación da mazá vai desde setembro a xuño. A mazá posúe fibra e é unha eficaz reguladora da actividade do intestino groso. Tamén é antioxidante polo que contribúe a reforzar as defensas do organismo. Neste caso a mazá asada é unha sinxela forma de preparación dunha sobremesa.