Print

Medallóns de tenreira ao viño tinto

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira tapa
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL viño tinto
  • 30 mL caldo carne
  • 30 g cebola
  • 10 g fariña
  • 5 g azucre moreno
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • romero
  • sal ao gusto

Instructions

  • Facer os medallóns de tenreira á prancha, volta e volta, xa que deben quedar xugosos. Nunha tixola refogar a cebola picada fina, incorporar o vaso de viño tinto e deixar reducir. Engadir unhas ramitas de romero fresco e o caldo de carne. Deixar reducir un pouco máis. Incorporar o azucre moreno e unha vez que espese, coar e rectificar de sal e pementa se fose necesario. Rociar a carne coa salsa e servir con pataca frita dado.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.