Medallóns de xamón de xabaril bañados
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 4 g Azucre moreno
- 0.5 g Cravo
- 150 g Xabaril
- 5 g Mostaza
- 40 g Laranxa
- g Rela de laranxa
- 0.5 g Romeu
- 0.5 g Sal
- 0.5 g Salvia
- 15 g Zume de laranxa
Instructions
- Macerar a véspera, na neveira, a carne cunha salsa previamente elaborada tras ferver o zume de laranxa, a rela de laranxa, o azucre, a mostaza, o cravo en po e as herbas (se se ten présa 1 h de maceración pode ser suficiente). Seguidamente, fritir a carne e, cando estea feita, engadir o líquido de maceración na tixola. Quentar a lume lento ata que reduza o líquido.
Notes
A tempada de caza de xabaril vai de mediados de outono a finais de inverno, época na que se consome esta carne magra. O seu contido proteico é elevado. O seu contido en calorías e colesterol é menor que o da carne de vacún e porco. A súa graxa é de boa calidade e, ademais, destaca o seu elevado contido en ácido oleico, aínda que tamén posúe cantidades apreciables dos ácidos graxos poliinsaturados linoleico e linolénico aos que se lles atribúen propiedades cardiosaudables. Contén vitaminas do grupo B, B12 e B9, que posúen propiedades antianémicas, reguladoras do metabolismo e con acción protectora cardiovascular, e tamén retinol e vitamina A. Destaca o seu elevado contido en calcio, ferro doadamente asimilable, magnesio, cinc e selenio. Este último é antioxidante.