Print

Melindre

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 3 g Azucre
  • 5 g Fariña
  • g Licor doce (Anís)
  • 2 g Manteiga
  • 4 g Xema de ovo

Instructions

  • Emulsiónanse ben as xemas, a manteiga e o anís. Posteriormente, engádense lentamente a fariña e amásase. Cóllense porcións desta masa, elabóranse boliñas compactas e fáiselles un burato. Introdúcense as boliñas no forno durante unha hora, co forno xa prequentado durante 10 min e na parte media do forno. Prepárase un xarope composto de auga e de azucre batido enerxicamente para cubrir os melindres.

Notes

Os melindres consómense e teñen máis demanda en Nadal. Son típicos da zona de Melide e de Sarria. Estes distínguense dos de Allariz porque ao contrario destes, os primeiros non incorporan améndoa na súa composición. A améndoa usábase xa en Galicia desde a Idade Media. Os melindres son moi populares en toda Galicia e presentan un gran número de variantes pero sempre co elemento común do baño de azucre.