Print

Mexillóns con fideos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 40 g mexillóns
  • 40 g pasta fideua
  • 100 mL caldo peixe
  • 10 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g salsa tomate
  • 1 dente (4g) allo
  • colorante alimentario
  • perexil picado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Quentar o aceite nunha cacerola, engadir allo, cebola, pemento vermello e tomate. Engadir os mexillóns sen casca e o caldo de peixe co colorante. Verter os fideos e deixar cocer a pasta. Repousar uns minutos e servir cubrindo con perexil picado.

Notes

Vantaxes:
O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.
A este prato hai que engadirlle as principais características da pasta, que son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.