Mexillóns en salsa
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 2 g Azafrán
- 50 g Cebola
- 25 g Fariña
- 62.5 g Mexillón
- 5 g Perexil
- 1 g Sal
- 20 g Viño branco
Instructions
- Para a elaboración da salsa botamos nunha cazola un pouco de aceite, engadimos a cebola, o allo e o perexil, posteriormente, engadimos a fariña para conseguir que espese e o viño branco. Se a salsa resultante nos queda demasiado espesa podemos conseguir que quede máis líquida se engadimos máis viño ou a auga que nos quedase despois de cocer os mexillóns. Por último, engadimos o azafrán.
Notes
Galicia é o principal produtor mundial de mexillóns. Son innumerables as bateas ao longo de todas as rías galegas; entre elas destaca a ría de Arousa que é a que concentra unha maior produción de mexillóns xa que alí están tres de cada catro bateas das que hai en toda Galicia. O mexillón considérase, hoxe en día, un manxar que se pode cociñar de múltiples formas. O mexillón en salsa está presente en moitas ocasións enlatado, con multitude de salsas diferentes.