Mexillóns guisados
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 50 g Cebola
- 62.5 g Mexillón
- 5 g Perexil
- 1 g Pemento doce
- 1 g Pemento picante
- 25 g Viño branco
Instructions
- Sofritimos na base dunha cazola cebola, despois introducimos os mexillóns cociñados ao vapor previamente. Por último, engadimos á mestura o perexil, o allo enteiro, o sal, o pemento doce e picante, un chorriño de viño e auga. Deixamos pasar uns minutos e retiramos do lume cando se alcance o punto óptimo da mestura.
Notes
É un prato lixeiro pero completo, polo tanto, é adecuado para incluír en dietas de adelgazamento. Os mexillóns apenas proporcionan calorías á nosa dieta, non obstante achégannos unha boa cantidade de minerais como o iodo que é indispensable para o bo funcionamento da glándula tiroide, axuda o crecemento, mellora a axilidade mental e queima o exceso de graxa. Tamén son fonte de ácidos graxos omega 3 polo que son apropiados para persoas hipertensas e con risco de padecer enfermidades cardiovasculares.