Print

Minestra con taquiños de xamón

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 50 g feixóns verdes
  • 50 g cenoria
  • 50 g alcachofas
  • 50 g pataca
  • 40 g chícharos
  • 25 g cebola
  • 20 g xamón en tacos
  • 15 g espárrao branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar o feixón en dados, a cenoria en bastóns grosos, a alcachofa á metade e trocear os espárragos. Cocer todos os ingredientes por separado. Mentres, facer un rustrido coa cebola e o allo picados; engadirlle o xamón e refogar uns minutos. Escorrer as verduras e mesturar co rustrido.

Notes

Vantaxes:
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.