Print

Minestra de verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 25 g ovo cocido
  • 25 g chícharos
  • 25 g alcachofas enlatadas
  • 25 g feixóns
  • 1 (25 g) cenoria
  • 1/2 (50 g) pataca
  • 75 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 20 g xamón cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as verduras por separado para respectar o punto de cocción de cada unha. As verduras grandes cortadas en dados grandes. Á parte refogar en aceite a cebola, o allo e o xamón. Engadir a salsa de tomate e as verduras. Acompañar de medio ovo cocido.

Notes

Vantaxes:
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio. O ovo é o alimento que contén o mellor perfil proteico e do seu contido lipídico; máis da metade son graxas insaturadas. Ademais, contén dous carotenoides que interveñen favorablemente na saúde visual.